A petanca, posible deporte convidado de exhibición en Paris 2024
Pendentes da confirmación oficial, nas redes sociais do Comité Olímpico Español, faise chegar a posible asistencia como deporte de exhibición, a petanca. De ser así e confirmarse, sería un grande impulso e apoio para o noso deporte. COI Facebook
SieheCampeonato de España Dupletas Feminino Torrelavega 2023
Celebrouse esta fin de semana, 6, 7 e 8 de outubro na localidade de Torrelavega, Cantabria, o Campeonato de España de Dupletas Femenino e Xuvenil, no que os clubes galegos, Carrasca acadaba unha terceira praza, compoñendo o equipo as xogadoras María Dolores Diaz, Silvia Iglesias e Tania Izaskun, e o Ensino, formado por María Belén González e Patricia Rúa, un quinto posto, nunha competición de alto nivel. Dende a Federación queremos dar os parabens polos bos resultados dos equipos femininos Deixamos ó enlace ó album de fotos, así coma… Siehe mehr
SieheCampeonato de España Dupletas Xuvenil Torrelavega 2023
Celebrouse este pasado fin de semana na localidade de Torrelavega o Campeonato de España Dupletas Femenino e Xuvenil, no que os nosos representantes máis xóvenes fixeron un gran posto acadando unha quinta praza nun campeonato de moi alto nivel competitivo. O equipo da selección galega composto por Fidel Castro, Nicolás Villamor e Asier Castro, competían dirixidos polo técnico e adestrador José Ramón López Carrera. Deixamos o enlace ó album de fotos. Album de fotos
SieheII Mestrado de Petanca 2024 Concello de Negreira
Do día 2 ao 5 de febreiro de 2024 realizarase o II Mestrado de Petanca Dirley Coral Concello de Negreira, un curso de formación arredor do deporte da petanca, no que máis de 60 persoas poderán mellorar a súa técnica de petanca nunha convivencia na Vila de Negreira, organizado polo C.P Negreira e patrocinado polo Concello de Negreira e Dirley Coral (operadora de loxística). O curso contará coa participación de distintas personalidades do mundo da petanca como os franceses Philippe Quintais, Pilippe Suchaud, e outra figura francesa a confirmar… Siehe mehr
SieheIII Open San Froilán 2023
O vindeiro 21 de outubro celebrarase o III Torneo San Froilán, na modalidade de tripletas, enmarcado dentro dunha fin de semana de peche de festas na cidade de Lugo. O torneo se disputará na explanada da nave El Almacén del Pintor, ubicado na Avenida Infanta Elena.
Siehe