

I Open pola Igualdade 2023
Os días 30 de setembro e 1 de outubro, celebrouse nas instalacións do Club Petanca Florida, o primeiro Open pola Igualdade de xenero, en modalidade de dupletas mixtas, que resultou un éxito de participación, grazas o esforzo do clube organizador e dos patrocinadores, e contou coa asistencia de 141 deportistas e 60 equipos. No podium do torneo principal subíronse as dupletas do Florida, Ensino P, Cabral e Vigo A. E no torneo de consolación os equipos Galicia A, Galicia B, Carrasca B e Valladares. Deixamos o enlace ó album de fotos. Torneo… Siehe mehr
Siehe

Campeonato de España Dupletas Feminino e Xuvenil 2023
Os próximos 7 e 8 de outubro, celebrarase en Torrelavega (Cantabria) o Campeonato de España de Dupletas Feminino e Xuvenil. Representando a nosa comunidade, a selección galega xuvenil, dirixida por Jose Ramón López Carrera, e formadapor Fidel Castro e Nicolás Villamor. As dupletas femininas estarán representadas por Mª Belén González e Patricia Rúa, Mª Dolores Diaz e Silvia Iglesias, deportistas dirixidas polos técnicos Xosé Lois Simoes e Tania Izaskun respectivamente.
Siehe

Manuel Romero, Campeón de Europa en tiro de precisión
Manuel Romero proclamouse campeón de Europa na modalidade de tiro de precisión en Albertville (Francia), enfrentándose na final ó belga Logan Baton, acadando un resultado final de 45-35. Manuel Higinio Romero tamén participou en Albertville na modalidade de tripletas coa selección española, xunto con Francisco Flores, Oscar Cantón e Victor García. A selección gañou as tres primeiras partidas a Letonia, Bulgaria e Suecia, caendo en octavos de final contra Suiza cun resultado de 3-13. Queremos trasmitir os nosos parabéns ó conxunto… Siehe mehr
Siehe

I Open Internacional Conchi 2023
Os días 23 e 24 de setembro, celebrouse no entorno de Praia América en Nigran, o I Torneo Internacional Conchi organizado polo Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca. Coa participación de 37 dupletas e 81 deportistas, a clasificación do torneo quedou como sigue, Demos Celtas en primeiro posto, Florida S, segundo, e terceiros, Do Lume A e Compitruenos. O Torneo Open Nasas Nigrán, foi para o Alpha B, segundo Carrasca B e terceiros O Torreiro Priegue B e Karim-Carol completando o podium. Agradecemos a asistencia do alcalde de Nigrán, Juan… Siehe mehr
Siehe

XL Open Internacional Cantabria Infinita 2023
Na localidade de Torrelavega, celebrouse outra edición máis do Open Cantabria Infinita, os días 23 e 24 de setembro, e representando a nosa Comunidade, viaxaban unha dupleta feminina formada por Mª Jesús de la Torre e Mª Teresa Quinteiro, que acadaban un terceiro posto, e unha dupleta masculina cos deportistas Antonio Vázquez Broullón e Joaquín del Río Pereira, que quedaban novenos no torneo. Este ano como novidade dentro do mesmo torneo celebrábase tamén a primeira edición do Open de Xuveniles, no que os nosos representantes máis… Siehe mehr
Siehe