Federación Galega de Petanca
17/04/2024 an 08:00
Participación da Comunidade Galega no Campeonato de España Individual
Esta fin de semana celébrase en Vélez Rubio (Almería), o Campeonato de España Individual, masculino, feminino e xuvenil, e dende a nosa comunidade parten os seguintes deportistas que competirán nun entorno natural excelente, baixo a organización da FEP, e coa colaboración inigualable do Club Petanca Virgen de la Salud.
María Belén González e Emilia Costas, na categoría feminina, David Soage e Iván Cameselle na categoría masculina, acompañados do técnico Fernando Soage Lodeiro. E a categoría xuvenil estará formada por Xoan Balboa e Asier Castro, dirixidos polo técnico Jose Ramón López Carrera.