Federación Galega de Petanca
12/09/2023 an 18:00
España, medalla de bronce en dupletas feminina no Mundial de Petanca Benin 2023
A dupleta formada por Sara Díaz e Aure Blazquez, acadaron o pasado 12 de setembro en Benin, no 50 Mundial de Petanca, o terceiro posto no Campeonato Mundial de Dupletas.
Dende a FGP sentimos unha gran ledicia por este gran logro e trasmitimos á Federación Española, e os seus integrantes, nosa satisfacción polos resultados acadados.
As xornadas mundialistas supuxeron para o equipo español loitar contra adversidades climatolóxicas, ambientais e culturais, polo que este resultado supón un grande éxito para a expedición española.