Federación Galega de Petanca
11/09/2023 an 08:30
· Liga Xunta de Galicia Final a catro Norte-Sur 2023
Final a Catro Norte Sur Liga Xunta de Galicia 2023
Esta fin de semana celebrouse nas Pistas da Asociación Cultural e Deportiva Xestas, a final a catro Norte-Sur, que enfrentaba os equipos Negreira A Val do Dubra A, Vigo e Breogán, das respectivas Liga Norte e Sur que se desenvolveu toda a tempada 2023.
O podium quedou formado polo Breogán en primeiro posto, Vigo e Val do Dubra A, en segundo e terceiro lugar e completando o podium o Negreira A en cuarto lugar.
Deixamosvos o enlace ó resto das fotos do torneo.