Plan Formativo da FGP para o ano 2024
Informámosvos das accións formativas que levará a cabo a FGP o longo deste ano 2024. Agardamos a vosa participación.
VedereXornadas de reciclaxe arbitral do Comité Nacional de Árbitros
En Valverdón (Salamanca), celebrouse esta pasada fin de semana, unhas xornadas de reciclaxe arbitral, organizadas polo Comité Nacional de Árbitros, cunha representación de toda a xeografía, e na que os participantes realizaron dous bloques de formación, teórico e práctico, ademáis de expoñer casos prácticos, intercambiar posturas e unificar criterios. O fin das xornadas púxose coa realización dunha proba coa que unha vez superada, obterán o título de árbitros nacionais de élite.
VedereII Mestrado de Petanca 2024 Concello de Negreira
Do día 2 ao 5 de febreiro de 2024 realizarase o II Mestrado de Petanca Dirley Coral Concello de Negreira, un curso de formación arredor do deporte da petanca, no que máis de 60 persoas poderán mellorar a súa técnica de petanca nunha convivencia na Vila de Negreira, organizado polo C.P Negreira e patrocinado polo Concello de Negreira e Dirley Coral (operadora de loxística). O curso contará coa participación de distintas personalidades do mundo da petanca como os franceses Philippe Quintais, Pilippe Suchaud, e outra figura francesa a confirmar… Vedi di piú
VedereXornada de instrucción xuvenis Concello de Negreira
O pasado sábado 16 de setembro, tivo lugar a primeira instrucción Concello de Negreira, con 5 horas de duración, e dirixida por Javier Cardeñas, e coa a axuda de Ramón López Carrera, seleccionador galego xuveníl. A xornada contou con 37 participantes, e na mesma realizaronse varios talleres de punto, de tiro, de estratexia, de efectos, precisión e concentración, finalizando cunha mele entre tódolos participantes.
VedereI Xornada de Instrución e Formación no Club Petanca Negreira
O vindeiro día 16 de setembro terá lugar nas pistas do Clube Petanca Negreira, una xornada de instrución dirixida por F.J Cárdeñas. A matrícula non terá coste algún para licencias xuvenís, e 10 euros para o resto de adultos. Deixamosvos a información.
Vedere