Federación Galega de Petanca
15/10/2023 alle 12:00
Xornadas de reciclaxe arbitral do Comité Nacional de Árbitros
En Valverdón (Salamanca), celebrouse esta pasada fin de semana, unhas xornadas de reciclaxe arbitral, organizadas polo Comité Nacional de Árbitros, cunha representación de toda a xeografía, e na que os participantes realizaron dous bloques de formación, teórico e práctico, ademáis de expoñer casos prácticos, intercambiar posturas e unificar criterios.
O fin das xornadas púxose coa realización dunha proba coa que unha vez superada, obterán o título de árbitros nacionais de élite.