

XXII Trofeo Internacional Xuvenil Seleccións de Petanca
Os vindeiros días 1 e 2 de Xullo, celébrase en Santa Susanna, Barcelona o Trofeo Internacional Xuvenil de Seleccións de Petanca, enmarcado na Semana Catalana do Deporte, e organizado pola Federación Catalana de Petanca. Desplázanse a disputar o torneo, os xuveniles da nosa Comunidade, Anxo Rodríguez Guisantes, Xoan Balboa Vilar e Fidel Castro Rodríguez, aos que lles desexamos moita sorte e disfruten da experiencia que lles faga crecer e incrementar o seu aprendizaxe. Deixamosa información da proba.
Voir

Val do Dubra A e Negreira A, gañadores da Liga Xunta de Galicia Senior 2ª Masculina Segunda Norte
Esta pasada fin de semana finalizou a Liga Xunta de Galicia Segunda Norte, co Val do Dubra A vencendo no primeiro grupo, en segundo posto o Negreira B e o Club Petanca Muralla en terceiro. Pechando a clasificación en cuarto e quinto posto deste grupo Lugo e Coruña B. No grupo 2, o Negreira levouse o primeiro posto, seguido do Coruña A, o Lalín e o Val do Dubra B. Dende a FGP, felicitamos ós gañadores e os participantes, e vémonos na seguinte tempada. Deixámosvos algunhas fotos da última xornada da Liga. Albúm de fotos
Voir

Campeonato Galego Dupletas Mixtas 2023
Os vindeiros días 15 e 16 de Xullo celebrarase nas Pistas O Caldeiro da Guarda, o Campeonato Galego de Dupletas Mixtas. O prazo de inscripción está aberto ata o día 12 de Xullo. Deixamosvos a información relativa a proba.
Voir

Campeonato España Clubes Dupletas Senior 1ª y Senior 2ª Masculino
Dende o 30 de Xuño ate o 2 de Xullo celebrarase en Valverdón (Salamanca) o Campeonato de España de Clubes Dupletas Senior 1ª e Senior 2ª Masculino. Os clubes Teis e Galicia representarán a nosa Comunidade na categoría Senior 1ª e o Breogán e o Club Vigo farano na categoría Senior 2ª. Deixamosvos a información do torneo.
Voir

Xornadas de Formación para persoal das federacións deportivas sobre inclusión no deporte.
O persoal da Federación Galega de Petanca, ven de participar nas Xornadas sobre deporte inclusivo baixo o título : "Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional". O obxecto das xornadas foron a capacitación do persoal federativo en actividades de promoción da igualdade de oportunidades e de condicións, entre persoas con diversidade funcional no ámbito do deporte, actuacións consideradas estratéxicas para o crecemento do deporte galego, e co fin de facer crecer e axudar na nosa especialidade… Voir plus
Voir