Xornadas de Formación para persoal das federacións deportivas sobre inclusión no deporte.
O persoal da Federación Galega de Petanca, ven de participar nas Xornadas sobre deporte inclusivo baixo o título : "Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional".
O obxecto das xornadas foron a capacitación do persoal federativo en actividades de promoción da igualdade de oportunidades e de condicións, entre persoas con diversidade funcional no ámbito do deporte, actuacións consideradas estratéxicas para o crecemento do deporte galego, e co fin de facer crecer e axudar na nosa especialidade deportiva e os clubes deportivos da nosa comunidade.
As xornadas, de contido teórico-práctico foron repartidas en 4 módulos presenciales e foron un éxito de participación e acollida.
Deixámosvos ó enlace a noticia completa.