Campeonato de España Dupletas Feminino e Xuvenil 2023
Os próximos 7 e 8 de outubro, celebrarase en Torrelavega (Cantabria) o Campeonato de España de Dupletas Feminino e Xuvenil. Representando a nosa comunidade, a selección galega xuvenil, dirixida por Jose Ramón López Carrera, e formadapor Fidel Castro e Nicolás Villamor. As dupletas femininas estarán representadas por Mª Belén González e Patricia Rúa, Mª Dolores Diaz e Silvia Iglesias, deportistas dirixidas polos técnicos Xosé Lois Simoes e Tania Izaskun respectivamente.
LookI Xornada de Instrución e Formación no Club Petanca Negreira
O vindeiro día 16 de setembro terá lugar nas pistas do Clube Petanca Negreira, una xornada de instrución dirixida por F.J Cárdeñas. A matrícula non terá coste algún para licencias xuvenís, e 10 euros para o resto de adultos. Deixamosvos a información.
LookXXII Trofeo Internacional Xuvenil Seleccións de Petanca
Os vindeiros días 1 e 2 de Xullo, celébrase en Santa Susanna, Barcelona o Trofeo Internacional Xuvenil de Seleccións de Petanca, enmarcado na Semana Catalana do Deporte, e organizado pola Federación Catalana de Petanca. Desplázanse a disputar o torneo, os xuveniles da nosa Comunidade, Anxo Rodríguez Guisantes, Xoan Balboa Vilar e Fidel Castro Rodríguez, aos que lles desexamos moita sorte e disfruten da experiencia que lles faga crecer e incrementar o seu aprendizaxe. Deixamosa información da proba.
LookInformación FEP Open Petanca Xuvenil Feminino
Dende a FEP seguen a traballar por defender e cultivar a categoría xuvenil e feminina, esencial no futuro do noso deporte no país. A pesar de esta loita, o proxecto presentado ante a Confederación Europea de Petanca, para que o Campeonato de Europa Xuvenil teña seu lugar no calendario anual, o Congreso da CEP decidiulle darlle continuidade o campeonato, pero cunha temporalidade bianual. A pesar da incerteza de se esta tempada 2023 haberá ou non Campeonato de Europa, dende a FEP estase a traballar igualmente coa idea de organizar un Open, e… See more
Look