FP CE Tripletas Senior 2ª Masculino 2024
O sábado 24 e domingo 25 celebrouse nas instalacións do Xestas, a Fase Previa do Campeonato de España de Tripletas Senior 2ª Masculino, resultando gañador o equipo A do Club Petanca Vigo, formado por Dimas Vila, Hugo Pérez, Jose Alberto Vázquez e Jose Carlos Alonso Varela.
En segunda praza, o equio Pardavila, con Carlos Guerrero, Cesar Casalino, Jose Carlos González e Jose María Pazo, terceros foron o Blanco y Negro, con Enrique Barciela, Fidel Castro Martínez e Fidel Castro Rodríguez e Javier González. No cuarto posto o Club Panasco, con Adolfo Guerrero, Edelmiro Costas, Miguel Blanco e Ramón Vidal.
Agradecer a Asociación Cultural e Deportiva Xestas, o seu bon facer e atención, coma sempre, o facilitar o uso das súas instalacións, xa que a climatoloxía adversa non acompañou en toda a xornada.