Fase Final Liga Nacional de Clubes 2023
Entre o 10 e o 12 de novembro, celebrarase en Isla Cristina (Huelva), a Fase Final da Liga Nacional de Clubes, en modalidade masculina e feminina. O torneo terá lugar nas instalaciones do Pabellón Deportivo el Batel, e os representantes da Liga Xunta de Galicia serán o Club Ensino e o Club Florida.
VoirCampeonato Europeo de Bochas 2023
O Campeonato Europeo de Bochas estase a celebrar na localidade de Grude, en Bosnia-Herzegovina, dende o día 2 ate o 9 de outubro. Dexexamos moita sorte os nosos representantes, que xa están a disputar algúns encontros, que se poden ver dende a seguinte ligazón da Federación Europea de Bochas Federación Europea de Bochas
VoirI Open pola Igualdade 2023
Os días 30 de setembro e 1 de outubro, celebrouse nas instalacións do Club Petanca Florida, o primeiro Open pola Igualdade de xenero, en modalidade de dupletas mixtas, que resultou un éxito de participación, grazas o esforzo do clube organizador e dos patrocinadores, e contou coa asistencia de 141 deportistas e 60 equipos. No podium do torneo principal subíronse as dupletas do Florida, Ensino P, Cabral e Vigo A. E no torneo de consolación os equipos Galicia A, Galicia B, Carrasca B e Valladares. Deixamos o enlace ó album de fotos. Torneo… Voir plus
VoirOpen Internacional Palma de Mallorca
O pasado 30 de setembro e o 1 de outubro, celebrouse na Cidade de Palma o Open Internacional, o que acudiron as nosas seleccións, nun torneo de gran nivel. Categoría Feminina 1ª Yolanda Matarranz e Jennifer López 2ª Sonia Aguilar e Manuel Paredes 3ª Mª Isabel e Manuela Paredes 25ª Leonor Karin e Uxía López Categoría Masculina 1º Selección Española Sub23A 2º Sergi Rodriguez e Enrique Catalán 3º Rafael Garcia e Tomás Cantallops 25º Carlos Domínguez e Iván Moledo
VoirCampeonato de España Dupletas Feminino e Xuvenil 2023
Os próximos 7 e 8 de outubro, celebrarase en Torrelavega (Cantabria) o Campeonato de España de Dupletas Feminino e Xuvenil. Representando a nosa comunidade, a selección galega xuvenil, dirixida por Jose Ramón López Carrera, e formadapor Fidel Castro e Nicolás Villamor. As dupletas femininas estarán representadas por Mª Belén González e Patricia Rúa, Mª Dolores Diaz e Silvia Iglesias, deportistas dirixidas polos técnicos Xosé Lois Simoes e Tania Izaskun respectivamente.
Voir