Federación Galega de Petanca
06/02/2023 aux 22:40
Tête

I Mestrado de Petanca de Negreira

Rematou o I Mestrado de Petanca de Negreira, un curso de formación para deportistas do noso deporte, no que máis de 50 persoas compartiron convivencia do día 3 ao 6 de febreiro na Vila de Negreira, organizado polo C.P Negreira e patrocinado polo Concello de Negreira e A Túa Xanela.

O curso contou coa participación como Mestres de Dylan Rocher, Stéphane Robineau e Jean Casale, todos membros do club FIP de Francia, con unha gran e recoñecida traxectoria no mundo da petanca, que impartiron clases maxistrais os días 4 e 5 de febreiro. Con todo, o curso iniciouse xa o venres 3 por parte de Francisco Javier Cardeñas, subcampión do mundo de tripletas masculinas 2021 e subcampión do mundo de dupletas mixtas en 2022, o que estivo en contacto cercano cos matriculados no evento.

O mesmo venres ás 20h realizouse unha partida exhibición, que contou con numeroso público, entre a dupleta formada por Dylan Rocher e Jean Casale contra a de Stéphane Robienau e Cardeñas.

Tamén o evento contou co apoio incondicional do Concello de Negreira que recepcionou ao alumnado o sábado 4 nas instalacións do Concello.

O mestrado afondou na técnica básica e avanzada co traballo de exercicios técnicos de moi diversa índole, tanto de tiro, como de punto, como eleccións de estratexias no noso deporte, tivo unha gran acollida e satisfacción entre o alumnado participante que instaron á organización a repetir este tipo de evento para o vindeiro 2024.

Felicitamos á organización do evento, e por esta gran iniciativa que tanto enriquece aos nosos deportistas, non so aos galegos, senón tamén aos desprazados dende todas partes de España e Portugal.

La Voz de Galicia

Album de fotos

Javier Cardeñas

Stephane Robineau

Nom Taille Date
Voir MESTRADO DE PETANCA 2023 INFO.pdf 2,92 MB 06/02/2023
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android
Sponsors
Convenio Coas federacións
Addenta convenio
Voir Convenio Coas federacións
IRON MACHTRADE
Empresa de experiencia no sector da maquinaria i equipos para a industria e a construcción.
Voir IRON MACHTRADE
Propetanque
Todo para a petanca
Voir Propetanque
AYS INNOVA, S.L.
Protección de datos
Voir AYS INNOVA, S.L.
MAPFRE
Seguros Mapfre
Voir MAPFRE
Viajes Abramar
Axencia de Viaxes, en Vigo
Voir Viajes Abramar
FL CONSULTORES
Asesoría entidades deportivas, contabilidades, laboral e subvencións.
Voir FL CONSULTORES
Comercial de Fundiciones
É unha empresa dedicada á artesanía e á fabricación de pezas exclusivas de diseño.
Voir Comercial de Fundiciones
Clupik
Software para Entidades deportivas e Federaciones
Voir Clupik
Sanitarios Portátiles de Galicia
Sanitarios Portátiles de Galicia
Voir Sanitarios Portátiles de Galicia
UFEDEGA
Unión Federacións Deportivas Galicia
Voir UFEDEGA

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.