Information of Liga Xunta de Galicia - Masculina Sénior 2ª - SEGUNDA B
Competition
Name
Liga Xunta de Galicia - Masculina Sénior 2ª - SEGUNDA B
Sport
Pétanque
Season
Tempada 2021
Category
SÉNIOR 2ª
Gender
Male
Start date
03/26/2021 19:00
End date
06/25/2021 22:00
Game days
Game days
Friday
Description
NORMASArtigo 1º.- A categoría.
Masculina Sénior 2ª, con licenzas de Sénior 2ª, Sénior 3ª e Sub23. Nas seguintes divisións Segunda, Segunda B e Segunda C.
Artigo 2º.- A formación dos equipos. Os equipos estarán formados por dúas tripletas, con seis deportistas das categorías correspondentes e un técnico ou Federativo como mínimo por equipo.
Artigo 3º.- As datas. Os días 26 e 30 de marzo, 9, 16, 23 e 30 de abril, 7, 14, 21 e 28 maio, 4, 11, 18 e 25 de xuño.
Artigo 4º.- O lugar. Nas pistas das Entidades (segundo o calendario).
Artigo 5º.- Os horarios. Os horarios serán os indicados no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 6º.- As Licenzas. Será imprescindible ter a licenza da tempada.
Artigo 7º.- A Uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 8º.- O Regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca 2021 coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP. Dentro do terreo de xogo queda terminantemente PROHIBIDO que os deportistas fumen, coman o tomen bebidas alcohólicas.
Artigo 9º.- O Sistema de Xogo. Liga (ida e volta) cun máximo de 6 equipos por división se a inscrición e maior dividirase en dous grupos en función da clasificación do 2019.
Grupo1 (1, 4, 5, 8, 9 e 12) e Grupo2 (2, 3, 6, 7, 10 e 11). A 2ª fase será liga (ida e volta), pero coa diferenza de que co equipo que ven do teu mesmo grupo sumarase o resultado obtido na 1ª fase. Clasifícanse os dous primeiros de cada grupo, para xogar os catro primeiros postos, os 3º e 4º clasificados xogarán os postos do 5º ao 8º e os 5º e 6º clasificados xogarán os postos do 9º ao 12º.
Artigo 10º.- Inscrición. A inscrición e a confirmación dos equipos realizarase ó correo-e: correo@fgpetanca.org. A data de inscrición remata o día 18 de marzo ás 23:59 h. A participación na Liga supón a aceptación e o cumprimento do Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 11º.- O Sorteo. O Sorteo do calendario realizarase o día 20 de marzo ás 12:30 h. Por videoconferencia.
Artigo 12º.- Os Árbitros. Os Técnicos ou federativos do equipo locatario.
Artigo 13º.- Os Premios. Recibirán premios os campións de todas as división e grupos cun trofeo a entidade e medallas ós deportistas.
Files
Location
Federación Galega de Petanca
Show map