III Open Internacional Cocido de Lalín
Nas pistas do Regueiriño en Lalín, disputouse esta fin de semana, a terceira edición do Open Internacional Cocido de Lalín, cunha excelente participación de máis de 60 equipos e case douscentos deportistas, que pese as inclemencias metereolóxicas puideron xogar a un grandísimo nivel.
No torneo principal o gañador foi o equipo Teis (José Jesús Lamigueiro, Ramón Chantada e Aitor Marcuño), segundo, o equipo San Antonio de Valencia (Antonio Lara, Miguel Angel García e Salvador Vidal), terceiro o Murcia, (Alberto José Platas, Antonio José Ortiz e José Gómez Guerrero), cuarto o equipo Palma-Galicia, formado por deportistas do Club Petanca Ensino e Club Petanca Turó (Marco Antonio Galindo, Guillermo Puigserver e Rafael García).
Deixámosvos ó enlace as notas de prensa nas que fanse eco do III Torneo Internacional de Petanca Cocido de Lalín.
Sinalar e excelente organización por parte do Club Petanca Lalín, que co seu traballo, dedicación e paixón fan que este torneo se afiance no calenario e forme parte das citas ineludibles do noso deporte. Dende a FGP agradecemos este logro por parte dos que fixeron posible un fin de semana de competición de grandísimo nivel.
https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/deza/lalin/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/03/31/lalin-da-bola-100450569.amp.html