Federación Galega de Petanca
11/09/2023 at 09:50
Head

II Mestrado de Petanca Concello de Negreira

Do día 2 ao 5 de febreiro de 2024 realizarase o II Mestrado de Petanca Dirley Coral Concello de Negreira, un curso de formación arredor do deporte da petanca, no que máis de 60 persoas poderán mellorar a súa técnica de petanca nunha convivencia na Vila de Negreira, organizado polo C.P Negreira e patrocinado polo Concello de Negreira e Dirley Coral (operadora de loxística).

O curso contará coa participación de distintas personalidades do mundo da petanca como os franceses Philippe Quintais, Pilippe Suchaud, e Damien Hureau. Así tamén contará cos españoles Sara Díaz, F.J Cardeñas e xuvenil convidado David Fernández de 15 anos de idade, todos con unha traxectoria de gran relevancia dentro do mundo da petanca e que impartirán clases maxistrais do día 2 ao 5 de febreiro de 2024 en Negreira.

O venres 2 de febreiro realizarase ás 20:30h unha partida exhibición, cuxa entrada será gratuita e aberta ao público en xeral, entre a tripleta francesa (Quintais, Suchaud e Hureau) e a española Dirley Coral (Díaz, Cardeñas e Fernández). Todo o curso conta co apoio incondicional do Concello de Negreira que recepcionará ao alumnado o sábado 3 nas instalacións do Concello e o patrocinio de Dirley Coral, e realizarase baixo unha carpa de maiores dimensións que as do curso do ano 2023.
O Mestrado afonda na técnica básica e avanzada co traballo de exercicios técnicos de moi diversa índole, tanto de tiro, de punto, como eleccións de estratexias no noso deporte. Vista a gran acollida do ano 2023 e a satisfacción entre o alumnado participante optouse por repetir este tipo de evento único en España.

Así espérase dar acollida en Negreira a deportistas de distintas comunidades autónomas de España como Andalucía, Castela e León, Asturias e Cataluña, así como alumnado procedente de Francia, Portugal, Irlanda e mesmo Ucraína
0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone
Sponsors
Convenio Coas federacións
Addenta convenio
Look Convenio Coas federacións
IRON MACHTRADE
Empresa de experiencia no sector da maquinaria i equipos para a industria e a construcción.
Look IRON MACHTRADE
Propetanque
Todo para a petanca
Look Propetanque
AYS INNOVA, S.L.
Protección de datos
Look AYS INNOVA, S.L.
MAPFRE
Seguros Mapfre
Look MAPFRE
Viajes Abramar
Axencia de Viaxes, en Vigo
Look Viajes Abramar
FL CONSULTORES
Asesoría entidades deportivas, contabilidades, laboral e subvencións.
Look FL CONSULTORES
Comercial de Fundiciones
É unha empresa dedicada á artesanía e á fabricación de pezas exclusivas de diseño.
Look Comercial de Fundiciones
Clupik
Software para Entidades deportivas e Federaciones
Look Clupik
Sanitarios Portátiles de Galicia
Sanitarios Portátiles de Galicia
Look Sanitarios Portátiles de Galicia
UFEDEGA
Unión Federacións Deportivas Galicia
Look UFEDEGA

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.