
Federación Galega de Petanca
09/24/2023 at 18:00
Manuel Romero, Campeón de Europa en tiro de precisión
Manuel Romero proclamouse campeón de Europa na modalidade de tiro de precisión en Albertville (Francia), enfrentándose na final ó belga Logan Baton, acadando un resultado final de 45-35.
Manuel Higinio Romero tamén participou en Albertville na modalidade de tripletas coa selección española, xunto con Francisco Flores, Oscar Cantón e Victor García. A selección gañou as tres primeiras partidas a Letonia, Bulgaria e Suecia, caendo en octavos de final contra Suiza cun resultado de 3-13.
Queremos trasmitir os nosos parabéns ó conxunto de deportistas que participaron no Campeonato Europeo, así como á Federación Española de Petanca, tanto polos resultados obtidos a nivel deportivo, coma polo alto nivel competitivo dos nosos deportistas.