Information of CG Dupletas Mixto 2023
Competition
Name
CG Dupletas Mixto 2023
Sport
Pétanque
Season
Tempada 2023
Gender
Co-ed
Game days
Game days
Saturday and Sunday
Description
NORMASArtigo 1º.- Categoría Sénior Mixta. Unha deportista Categoría Feminina (Sénior 1ª, Sénior 3ª, Sub23) e un deportista categoría Masculina (Sénior 1ª, Sénior 2ª, Sénior 3ª, Sub23). As/os xuvenís poden participar cun representante sénior
Artigo 2º.- A modalidade. Dupletas, cada equipo pode contar cun deportista suplente. Os cambios ou engadir suplente limite o día 15 as 9:00 h.
Artigo 3º.- As datas. 15 e 16 de Xullo.
Artigo 4º.- O lugar. Pistas do Club de Petanca O Caldeiro A Guarda, Pontevedra.
Artigo 5º.- Os horarios. Sábado pola maña ás 9:00h. A 14:00 h. e pola tarde ás 16:00h. a 21:30 h. o domingo as 9:00 h.
Artigo 6º.- As licenzas. Será imprescindible ter a licenza da tempada.
Artigo 7º.- A uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 8º.- O Regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 9º.- O Sistema de eliminatoria. As eliminatorias ata 64 equipos será suízo internacional de 5 partidas clasifícanse os equipos con tres puntos ou mais de 65 ou mas equipos será sistema suízo internacional de 4 partidas clasificándose con dous puntos ou mais, as seguintes rondas eliminatoria directa. En caso das partidas que rematan empatadas xogarase unha man de desempate, onde, se o boliche sae, se porá onde estaba marcado, sempre e cando non houbese un vencedor. As partidas sistema do suízo internacional serán por tempo de 50 minutos e dúas mans e as eliminatoria directa por tempo de 70 minutos e dúas mans.
Artigo 10º.- Inscrición. A inscrición realizarase directamente na web como administrador do club. Os equipos formados por deportistas de distintas entidades enviaran a inscrición o correo-e correo@fgpetanca.org. A data de inscrición remata o día 12 de Xullo ás 20:00h.
Artigo 11º.- O Sorteo. O Sorteo realizarase o día 15 de xullo ás 9:00h. Nas Pistas do Club de Petanca O Caldeiro.
Artigo 12º.- Os Árbitros. Os asignados polo Comité de Árbitros da FGP.
Artigo 13º.- Os Premios. Medallas para os 4 primeiros do principal e para os 4 primeiros da consolación.
Files
Location
Pistas do Club de Petanca Caldeiro, A Guarda, Pontevedra
Show map