Federación Galega de Petanca
11/07/2024 às 08:30
· I Open Internacional Concello de A Coruña
I Open Internacional Concello de A Coruña
O vindeiro sábado 13 de xullo celébrase no Campo de Fútbol A Zapateira de A Coruña, o I Open Internacional Concello de A Coruña, na modalidade de tripletas.
Con 120 deportistas e 40 equipos inscritos, será unha gran xornada de competición de esta primeira edición do torneo que con moito esmero organiza o Club Petanca Coruña.