Federación Galega de Petanca
22/06/2023 às 09:50
XVI Open Internacional Concello de Vigo 2023
Os vindeiros 22 e 23 de Xullo disputarase no Campo de Futbol Praias do Vao, o XVI Open Internacional Concello de Vigo 2023, dentro do Circuito Petanca España Top 3. O evento organizado polo Club Petanca Ensino, prevé a participación de 128 equipos españois e portugueses.
O sistema da eliminatoria, na primeira fase, con 5 partidas polo Sistema Suizo Internacional, os 64 primeiros continuarán, e pasan no torneo principal, e os clasificados do 65º o 128º pasan o Torneo de Consolación.
Coma en edicións anteriores está prevista unha numerosa asistencia de público, e dende a FGP desexamos que sexan unhas xornadas de gran éxito e disfrute tanto para deportistas coma para os acompañantes e público en xeral.