Federación Galega de Petanca
09/05/2023 at 08:00
· V Open Internacional Suso Otero
V Open Internacional Suso Otero
O sábado 2 de setembro celebrouse nas pistas do C.P. Bandeira o V Open Internacional Suso Otero, coa participación de 59 equipos e 182 deportistas, na modalidade de tripletas mixtas, procedentes de toda Galicia e Portugal.
O resultado acadado no torneo principal deulle a victoria o equipo Tropas de Breogán, seguido do Bandeira B, e Rafa Garcia e Candeán 3.0 en terceiro posto.
No principal B o podium foi para os equipos Comparsas, Condado, Lugo Redondela e O Leiteiro.
Na Consolación A, Negreira D, Lordelo C e Lordelo B e Fuera de Zona, disputaron o podium.
E na Consolación B, Val do Dubra B, Resigal, Serendipia e Valladares acadaron primeiro posto, segundo e terceiro respectivamente.