XVI Internacional Concello de Vigo Femenino 2023
No Campo de Fútbol Praias do Vao de Coruxo, celebrouse esta fin de semana o XVI Torneo Internacional Concello de Vigo, organizado polo Club Ensino e patrocinado polo Concello de Vigo e outros patrocinios privados, coa presencia de 34 equipos na categoría feminina e 72 deportistas, procedentes de toda España e Portugal.
A dupleta vencedora do Torneo foi para o equipo feminino da Federación Cántabra, formado por María Jesús Escagedo Redondo e Carmen Escagedo Redondo, equipo invitado pola FGP.
En segundo lugar o equipo galego formado por Chus-Cris-Yoli, seguido do terceiro equipo procedente de Madrid, Moni-Marina.
No premio de consolación, a victoria foi para Eva Barciela-María Teresa, de Galicia que xogaron a final con Silvia Iglesias-Maricarmen, tamén equipo galego.
Os outros equipos femeninos invitados pola FGP, o equipo da Federación Asturiana, fixose coa sexta praza, e a dupleta da Federación Balear foi cuarta.
Dende a FGP, agradecemos a participación, o traballo do Club Ensino na organización, así como a axuda dos patrocinadores.
Name | Size | Date |
---|---|---|
Look Memoria Open Internacional Concello de Vigo Categoría femenina.pdf | 2.42 MB | 07/24/2023 |