Federación Galega de Petanca
03/20/2022 at 14:00
· FP CE Tripletas Individual Xuvenil 2022
Fase Previa Campionato de España Xuvenil
Esta fin de semana rematou a Fase Previa do Campionato de España Tripletas Xuvenil, onde se proclamou Campión Fidel Castro e Subcampión Xoán Balboa; terceiros: Nicolás Villamor e Sarai Figueroa. Fidel Castro, Xoán Balboa e Nicolás Villamor representarán a Galicia no Campionato de España que se celebrará en Viator, Almería do 10 ó 12 de xuño.