XVII Open Internacional Concello de Vigo Masculino
Cun total de 188 deportistas repartidos en 94 dupletas, procedentes de toda a xeografía peninsular, esta fin de semana disputarase nas pistas do Campo de Fútbol da Praia do Vao en Coruxo, Vigo, o certame XVII do Open Internacional Concello de Vigo, organizado polo Club Petanca Ensino. A competición comezará o sábado 20 as 08:30 e ate as 14:00 e continuará na quenda da tarde de 16:00 a 20:00. Na xornada do domingo 21 se xogarán os cuartos de final, semifinal e final, rematando sobre as 13:30 para ter lugar entorno a ese horario a entrega de premios.
Na xornada de hoxe celebrarase o sorteo das partidas. Lembramosvos que o Torneo pertence o Circuito Petanca España TOP 2, e que repartirase entre os gañadores premios en efectivo. Dende a FGP desexamos que sexa unha gran fin de semana de competición nun entorno inigualable.