Federación Galega de Petanca
17/09/2023 aux 18:00
España, medalla de prata en tripletas masculina no Mundial de Petanca de Benin 2023
España ven de acadar o Subcampeonato do Mundo de tripletas, que se celebrou estes días na República de Benin. Despois de sufrir as inclemencias metereolóxicas, o conxunto español alzouse coa medalla de prata nun partido contra o equipo de Thailandia.
Este logro ven de supoñer un cambio xeracional moi importante, e dende a FGP sentimos un gran orgullo por este gran resultado, e trasmitimos á Federación Española e os seus integrantes a nosa satisfación polo acadado.
As xornadas mundialistas supuxeron para o equipo español loitar contra adversidades climatolóxicas, ambientais e culturais, polo que este resultado supón un grande éxito para a expedición española.