
Acordo entre Ufedega e o Banco Santander
Este martes 19 de marzo tivo lugar a firma do acordo entre Ufedega e o Banco Santander
polos representantes de ambas entidades: Rafael Louzán, presidente de Ufedega; e Luis
Pernas e Avelino Carballo, director da Banca Institucional e director de Empresas de
Galicia do banco. A este encontro tamén asistiron Bruno López, vicepresidente da
Ufedega, Julio Bernárdez, secretario da Ufedega, e os vogais Óscar Lafuente e Alfredo
Bea, así como Francisco Fernández director de negocio adquirinte GetNet do banco.
Con este novo convenio, todas as Federacións Deportivas Galegas asociadas a Ufedega
e os clubs deportivos galegos que dependan de estas federacións deportivas poderán
beneficiarse dunha amplía oferta de produtos e servizos de pasivo do Banco
Santander.
Entre estes produtos que oferta a entidade bancaria, encóntranse beneficios en contas
bancarias, cobros e medios de pago (TPV, pasarela de pagos e Bizum). As Federacións
ou clubs interesados poderán informarse dos detalles de cada produto ofertado a través
da Ufedega.
De esta forma a Unión de Federacións Deportivas Galegas da solución a unhas das
demandas que viñan expoñendo as entidades deportivas.
Vos deixamos tódala información para que poidades beneficiarvos da oferta de productos
ofertados no convenio.