
Presentación CG Dupletas Mixtas 2023
O día 13 de xullo tivo lugar na sede da Federación, a presentación do Campeonato Galego de Dupletas Mixtas, que celebrarase os próximos días 15 e 16 de xullo nas pistas do Club O Caldeiro, en A Guarda.
Este ano alcanzouse un récord de participación para este torneo, con 65 equipos inscritos e máis de 140 deportistas. A previsión que se tiña dende a Federación era para 64 equipos, polo que se tivo que ampliar e reorganizar o cuadrante de enfrentamentos. O sorteo realizarase o día 15 según o previsto, e nel se barallan os dous escenarios posibles. Se a participación segue según as inscripcións ate a data, e preséntanse máis de 64 equipos, se xogarán 4 partidos, clasificando os que gañen 2 ou máis. Se en cambio, os equipos presentados son menos de 65, xogaranse 5 partidos mediante o suizo internacional, clasificando os que gañen 3 o maís partidos.
Este ano cabe destacar que haberá clasificación e medalla de consolación, na que as dupletas que perdan en cartos de final, pasarán a unha final B.
Desexamos dende a Federación que sexa unha excelente xornada deportiva e lúdica.