España, medalla de bronce en dupletas feminina no Mundial de Petanca Benin 2023
A dupleta formada por Sara Díaz e Aure Blazquez, acadaron o pasado 12 de setembro en Benin, no 50 Mundial de Petanca, o terceiro posto no Campeonato Mundial de Dupletas. Dende a FGP sentimos unha gran ledicia por este gran logro e trasmitimos á Federación Española, e os seus integrantes, nosa satisfacción polos resultados acadados. As xornadas mundialistas supuxeron para o equipo español loitar contra adversidades climatolóxicas, ambientais e culturais, polo que este resultado supón un grande éxito para a expedición española.
VeureSubvención da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, a entidades deportivas para a promoción do deporte feminino 2023.
Ven de publicarse no Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras específicas da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2022/2023 ou do ano 2023 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual. O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria correspondente, segundo o disposto na base décimo primeira, é de 10 días hábiles que se contarán, nos termos do art. 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro… Veure més
Veure