III Open San Froilán 2023
O pasado sábado 21 celebrouse no Parque da Milagrosa en Lugo, o III Open Internacional San Froilán, nunha xornada na que a pesar da climatoloxía, non veu alterada a súa magnífica organización e participación, cun total de 42 tripletas e 134 deportistas.
No torneo principal a victoria foi para o Florida, (Fernando del Pino, Alexandre Rodríguez, Iago de Cos-Estrada), seguidos do Teis, (Roberto Veloso, Jose Jesús Lamigreire, Francisco Manuel Amorin), o Blanco y Negro, (Manuel Amorin, Valentin Vila, Fidel Castro), e o Pardavila, (Antonio Rodríguez, Roberto García e Ana Belén García).
No torneo de consolación levou a victoria o Universitarios, Los Chunguitos, Tablanca B e Do Lume completando o podium.
E no torneo complementario o Muralla B, Lugo A e Coruña D.
Deixamos o enlace ó resto das fotos da xornada.