Informazioni di CG Dupletas Mixto 2022
Competizione
Nome
CG Dupletas Mixto 2022
Sport
Bocce
Stagione
Tempada 2022
Genere
Misto
Giorni di gioco
Giorni di gioco
Sabato e Domenica
Descrizione
NORMASArtigo 1º.- Categoría Mixta (un deportista categoría Masculina (Sénior 1ª, Sénior 2ª, Sénior 3ª, Sub23 ou Xuvenil) e unha deportista Categoría Feminina (Sénior 1ª, Sénior 3ª, Sub23 ou Xuvenil).
Artigo 2º.- A modalidade. Dupletas, cada equipo pode contar cun deportista suplente.
Artigo 3º.- As datas. 17 e 18 de setembro.
Artigo 4º.- O lugar. Pistas do Club de Petanca O Caldeiro, A Guarda, Pontevedra.
Artigo 5º.- Os horarios. Sábado e domingo pola maña ás 9:30h. e pola tarde ás 16:00h.
Artigo 6º.- As licenzas. Será imprescindible ter a licenza da tempada.
Artigo 7º.- A uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 8º.- O Regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 9º.- O Sistema de eliminatoria. As eliminatorias será suízo internacional de 4 partidas, as seguintes eliminatorias. Do 17º o 48º pasan a 1/32 de final, do 1º o 16º pasan a 1/16 de final xunto cos clasificados da ronda anterior. Os perdedores en ¼ de final pasan o torneo Consolación.
Sistema suízo internacional as partidas serán por tempo limitado a 50 minutos e dúas mans. Eliminatorias directas as partidas serán por tempo limitado a 70 minutos e dúas mans.
Artigo 10º.- Inscrición. A inscrición realizarase directamente na web como administrador do club. Os equipos formados por deportistas de distintas entidades enviaran a inscrición o correo-e correo@fgpetanca.org. A data de inscrición remata o día 14 de setembro ás 20:00h.
Artigo 11º.- O Sorteo. O Sorteo realizarase o día 15 de setembro ás 19:30h. Na sede da Federación.
Artigo 12º.- Os Árbitros. Os asignados polo Comité de Árbitros da FGP.
Artigo 13º.- Os Premios. Medallas para as 4 primeiros do principal e 4 primeiros do consolación.
Files
Localizzazione
Pistas do Club de Petanca Caldeiro, A Guarda, Pontevedra
Vedi mappa