Federación Galega de Petanca
04/12/2021 alle 21:33
Campionato Galego Nadal Dupletas Masculino Sénior 2ª
Hoxe 4 de decembro celebrouse nas instalacións da A.C.D. Xestas (que conta con 20 pistas cubertas) o Campionato Galego de Nadal Masculino Sénior 2ª proclamandose Campión o equipo VIGO B e Subcampión o Negreira D demostrando un bo nivel de xogo. Album de fotos Video
Dende a Federación queremos agradecer os equipos do Club Petanca Negreira e Club Petanca Lugo pola sua participación neste campionato tendo en conta o esforzo que supon o desprazamento.