Información de Liga Xunta de Galicia - Sénior 1ª Masculina - DIVISIÓN DE HONRA
Competición
Nombre
Liga Xunta de Galicia - Sénior 1ª Masculina - DIVISIÓN DE HONRA
Deporte
Petanca
Temporada
Tempada 2024
Categoría
SÉNIOR 1ª
Sexo
Masculino
Dias de juego
Dias de juego
Sábado
Descripción
LIGA XUNTA DE GALICIA - Sénior 1º Masculina 2024NORMAS
Artigo 1º.- A categoría. Sénior 1ª Masculina, con licenzas de Sénior 1ª e Sub23. Nas seguintes divisións: División de Honra, Preferente, Primeira.
Artigo 2º.- A formación dos equipos. Os equipos estarán formados por dúas tripletas, con seis deportistas da categorías correspondentes e un técnico ou federativo como mínimo por equipo.
Artigo 3º.- As datas. División de Honra e Preferente os días 9, 16 e 23 de marzo, 6, 13, 20 e 27 de abril, 4, 11, 18, 25 de maio, 1, 8 e 22 de xuño. Primeira os día 9, 16 e 23 de marzo, 6, 13, 20 e 27 de abril, 4, 11, 18, 25 de maio, 1, 8, 15 e 22 de xuño.
Artigo 4º.- O lugar. Nas pistas das Entidades, segundo o calendario.
Artigo 5º.- Os horarios. Os horarios serán os indicados no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 6º.- As licenzas. Será imprescindible ter a licenza da tempada.
Artigo 7º.- A uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 8º.- O regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP. Dentro do terreo de xogo queda terminantemente PROHIBIDO que os deportistas fumen, coman o tomen bebidas alcohólicas.
Artigo 9º.- O sistema de xogo. Liga (ida e volta)
Ascensos e descensos
División de Honra: Descenden o 7º e 8º.
Preferente: Ascende o 1º e 2º. Descende o 7º e 8º.
Primeira: Ascende o 1º e 2º.
Artigo 10º.- Inscrición. A inscrición e a confirmación dos equipos realizarase ó correo-e: correo@fgpetanca.org. A data de inscrición remata o día 14 de febreiro ás 23:59 h. A participación na Liga supón a aceptación e o cumprimento do Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 11º.- O sorteo. O Sorteo do calendario realizarase o día 16 de febreiro ás 18:00 h.
Artigo 12º.- Os árbitros. Os técnicos ou federativos do equipo locatario.
Artigo 13º.- Os premios. Recibirán premios os campións de todas as división cun trofeo a entidade.
Ficheros
Nombre | Tamaño | Fecha |
---|---|---|
Ver Normas Liga Xunta de Galicia Sénior 1ª Masculina 2024.pdf | 339,84 KB | 16/03/2024 |
Localización
Federación Galega de Petanca
Ver mapa