

Final a Catro Norte Sur Liga Xunta de Galicia 2023
Esta fin de semana celebrouse nas Pistas da Asociación Cultural e Deportiva Xestas, a final a catro Norte-Sur, que enfrentaba os equipos Negreira A Val do Dubra A, Vigo e Breogán, das respectivas Liga Norte e Sur que se desenvolveu toda a tempada 2023. O podium quedou formado polo Breogán en primeiro posto, Vigo e Val do Dubra A, en segundo e terceiro lugar e completando o podium o Negreira A en cuarto lugar. Deixamosvos o enlace ó resto das fotos do torneo. Final a catro Norte Sur
Ver

V Open Internacional Suso Otero
O sábado 2 de setembro celebrouse nas pistas do C.P. Bandeira o V Open Internacional Suso Otero, coa participación de 59 equipos e 182 deportistas, na modalidade de tripletas mixtas, procedentes de toda Galicia e Portugal. O resultado acadado no torneo principal deulle a victoria o equipo Tropas de Breogán, seguido do Bandeira B, e Rafa Garcia e Candeán 3.0 en terceiro posto. No principal B o podium foi para os equipos Comparsas, Condado, Lugo Redondela e O Leiteiro. Na Consolación A, Negreira D, Lordelo C e Lordelo B e Fuera de Zona, disputaron… Ver más
Ver

I Open Internacional Conchi 2023
Os vindeiros 23 e 24 de setembro, celebrarase a primeira edición do Torneo Internacional Conchi, organizado polo Club Bolos da Carrasca, na modalidade de dupletas femenino. A edición conta con importantes premios en metálico, así coma obsequios para os gañadores, e ademáis se espera a participación do Club Petanca Alpha, da Selección Portuguesa, e das campionas de España 2022, o Club Petanca La Salceda de Murcia. Agardamos dende a FGP que sexa un éxito de participación. Está aberto o prazo de inscripción ata o 16 de setembro
Ver

III Torneo Heraclio Alfaro 2023
Esta fin de semana celebrouse nas pistas do Club Petanca O Caldeiro, na A Guarda, o III Torneo Heraclio Alfaro, con 42 tripletas participantes, resultando gañador do torneo principal o club da casa, O Caldeiro, o Cangas en segundo lugar e o Florida D en terceiro posto. No torneo de consolación o Xestas levou o triunfo e en segundo posto o Irmandade. No primeiro posto do complementario o Condado-Teis, e no segundo lugar o Breogán A.
Ver

I Xornada de Instrución e Formación no Club Petanca Negreira
O vindeiro día 16 de setembro terá lugar nas pistas do Clube Petanca Negreira, una xornada de instrución dirixida por F.J Cárdeñas. A matrícula non terá coste algún para licencias xuvenís, e 10 euros para o resto de adultos. Deixamosvos a información.
Ver