España, Subcampeona de Europa Sub23 Masculino
No Campeonato de Europa Sub23 celebrado en Mónaco, España ven de proclamarse subcamepona de Europa co equipo formado por Raúl Tabera, Sergi Ruiz, Jesús Escacho e Manel Luque.
Nunha final de dúas horas e media, España xogou a un grandísimo nivel, maís non foi suficiente para vencer a un merecido campeón como foi o equipo italiano.
As retransmisións dos partidos da selección española, tanto das féminas coma do equipo masculino correu a cargo de Petanca Singular TV, que xunto cos comentaristas José Escalant, Esther Rodríguez e Paco Coll, supuxeron momentos inolvidables a altura dos resultados obtidos polos dous equipos que representaron ó noso país, as chicas, Campeonas de Europa, e os chicos Subcampeons de Europa Sub23. Resultados históricos dos que nos sentimos tremendamente orgullosos.