Information de VII Open CG Dupletas Mixtas 2019
Compétition
Nom
VII Open CG Dupletas Mixtas 2019
Sport
Pétanque
Saison
Tempada 2019
Genre
Mixte
Jours de jeu
Jours de jeu
Samedi et Dimanche
Description
NORMASArtigo 1º.- Categoría Mixta (un deportista categoría Masculina (Primeira, Segunda, Sub23 ou Xuvenil) e unha deportista Categoría Feminina (Feminina, Sub23 ou Xuvenil).
Artigo 2º.- A modalidade. Dupletas.
Artigo 3º.- As datas e Lugar. o 28 e 29 de setembro, No Parque Empresarial Porto do Molle, Nigrán.
Artigo 4º.- Os horarios. Os horarios serán pola maña 10:00 h e pola tarde 16:00 h.
Artigo 5º.- As licenzas. Será imprescindible presentar a licenza 2019.
Artigo 6º.- A uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP 2019.
Artigo 7º.- O Regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP 2019. Sistema suízo internacional de 50 minutos e unha man ou a 13 puntos, as demais eliminatorias de 75 minutos e unha man ou a 13 puntos de terminar a partida empatada xogarase unha man de desempate onde si ó boliche sae porase onde estaba marcado sempre e cando non houbese un vencedor.
Artigo 8º.- O Sistema de eliminatoria. Primeira Ronda Sistema Suízo Internacional de 5 partidas, clasificándose os 32 primeiros equipos que xogaran eliminatoria directa ata a final. Os clasificados do 33 ò 64 xogaran un torneo consolación en eliminatoria directa ata a final.
Artigo 9º.- Inscrición. A inscrición realizarase directamente na paxina web como administrador de club. Os equipos formados por deportistas de distintas entidades enviaran a inscrición o correo-e correo@fgpetanca.org. A inscrición remata o día 26 de setembro ás 20:00 h.
Artigo 10º.- Suplentes. Un por equipo.
Artigo 11º.- O Sorteo. O Sorteo realizarase o día 28 de setembro ás 9:40 h. Nas Pistas.
Artigo 12º.- Os Árbitros. Os asignados polo Comité de Árbitros da FGP.
Artigo 13º.- Os Premios. Medallas para as 4 primeiras Dupletas nos dous torneos.
Artigo 14º.- Política de protección de datos e autorización do uso de imaxe. A inscrición no campionato supón a aceptación da Política de protección de datos e a autorización do uso da imaxe.
Fichiers
Localisation
Porto do Molle, Nigrán
Montrer carte