XVI Internacional Concello de Vigo Femenino 2023
No Campo de Fútbol Praias do Vao de Coruxo, celebrouse esta fin de semana o XVI Torneo Internacional Concello de Vigo, organizado polo Club Ensino e patrocinado polo Concello de Vigo e outros patrocinios privados, coa presencia de 34 equipos na categoría feminina e 72 deportistas, procedentes de toda España e Portugal. A dupleta vencedora do Torneo foi para o equipo feminino da Federación Cántabra, formado por María Jesús Escagedo Redondo e Carmen Escagedo Redondo, equipo invitado pola FGP. En segundo lugar o equipo galego formado por Chus-Cris-Yoli,… Ver más
VerXVI Torneo Internacional Concello de Vigo Masculino 2023
No Campo de Fútbol Praias do Vao de Coruxo, tivo lugar esta fin de semana o XVI Torneo Internacional Concello de Vigo, organizado polo Club Ensino, e patrocinado polo Concello de Vigo, entre outros patrocinios privados. A presenza de máis de 100 dupletas e 217 deportistas na categoría masculina procedentes de toda a península fixo do torneo un éxito de participación. Na clasificación final, resultou vencedor a dupleta balear, Raúl Martínez-Pep Porcel, seguidos de Daniel Parada-Pedro Díaz, deportistas de Aragón e Cataluña respectivamente,… Ver más
VerCG Dupletas Mixtas 2023
Esta fin de semana celebrouse nas pistas de O Caldeiro no municipio de A Guarda o Campeonato Galego de Dupletas Mixtas, cun gran éxito de participación. A organización e a acollida dos deportistas non puido ser mellor por parte do Club de Petanca O Caldeiro, que levou a bon término o seu gran traballo, e dende a FGP, agradecemos enormemente o seu esforzo. O gañador do Campeonato, o equipo La Resistencia, formado por Ana Belén García e Gonzalo Balenzategui. Segundos, a dupleta do Club Cabral, Cristina Cameselle e Julio Villaverde, e en… Ver más
VerPresentación CG Dupletas Mixtas 2023
O día 13 de xullo tivo lugar na sede da Federación, a presentación do Campeonato Galego de Dupletas Mixtas, que celebrarase os próximos días 15 e 16 de xullo nas pistas do Club O Caldeiro, en A Guarda. Este ano alcanzouse un récord de participación para este torneo, con 65 equipos inscritos e máis de 140 deportistas. A previsión que se tiña dende a Federación era para 64 equipos, polo que se tivo que ampliar e reorganizar o cuadrante de enfrentamentos. O sorteo realizarase o día 15 según o previsto, e nel se barallan os dous escenarios… Ver más
VerCE Dupletas Senior 1ª y Senior 2ª Masculino 2023
Os pasados 1 e 2 de xullo celebrouse en Valverdón, Salamanca o Campeonato de España de Dupletas Senior 1ª e 2ª coa participación dos equipos galegos Breogán, Teis, Vigo e Galicia. A clasificación pola nosa comunidade en Senior 1ª, o Teis acadou o posto 21 e o Galicia o 31. En Senior 2ª o Breogán conseguiu facerse co posto 19 e o Vigo o 31. O Campeonato en Senior 1ª foi para o Salcedo de Murcia, seguidos do Las Torres Rubí A e La Bordeta, ámbolos dous equipos da Comunidade Catalana, no posto segundo e terceiro. En Senior 2ª, levouno… Ver más
Ver