I Xornada de Instrución e Formación no Club Petanca Negreira
O vindeiro día 16 de setembro terá lugar nas pistas do Clube Petanca Negreira, una xornada de instrución dirixida por F.J Cárdeñas. A matrícula non terá coste algún para licencias xuvenís, e 10 euros para o resto de adultos. Deixamosvos a información.
VerIII Torneo Ermi 2023
O pasado 19 de agosto celebrouse nas pistas do Club Petanca Teis, no Parque da Riouxa o III Torneo Ermi, coa participación de máis de 20 equipos e os seguintes resultados: PRINCIPAL - 1º Clasificado : DO LUME A - 2º Clasificado : ENSINO A - 3º Clasificado : CABRAL A - 4º Clasificado : CARRASCA A CONSOLACIÓN - 1º Clasificado : SAN XOÁN A - 2º Clasificado : FLORIDA C - 3º Clasificado : SAN XOÁN D - 4º Clasificado : CARRASCA Vos deixamos o enlace ó album de fotos Álbum de fotos
VerFinal a catro Norte-Sur 2023
O vindeiro día 10 de setembro, nas pistas da ACD Xestas, celebrarase a final a catro dos vencedores da liga Norte-Sur, disputando este ano os equipos Val do Dubra e Negreira, e o Vigo e Breogán. Os equipos estarán formados por dúas tripletas, seis deportistas. O equipo gañador recibirá trofeo pola victoria.
VerI Open pola Igualdade de Xéneros 2023
Os vindeiros 30 de setembro e 1 de outubro, celebrarase nas pistas de Club Petanca Florida, a primeira edición do Open pola igualdade de xéneros, en formato dupleta mixta. Lembramos que para inscribir os equipos con deportistas do mesmo club pódese facer dende a web da FGP, mentres que no caso de equipos formados por deportistas de distintos clubes, é preciso enviar correo ó Club Petanca Florida. petancaflorida@fgpetanca.org. A data de inscripción finaliza o día 25 setembro as 20:00h.
VerV Open Internacional Suso Otero
O vindeiro 2 de setembro terá lugar o IV Open Internacional Suso Otero en Bandeira. O Club Bandeira, organizador do torneo, ten previsto ofrecer unha comida post competición para o que será preciso facer a reserva con antelación. Deixamosvos a información relativa ó evento. As inscripciones poden formalizarse no seguinte teléfono 627 633 459 (Gregorio)
Ver