I Torneo Nacional de Petanca Xuvenil Rojales 2023
Esta pasada fin de semana, celebrouse no Concello de Rojales (Murcial) o I Torneo Nacional de Petanca Xuvenil, o que foi un éxito de participación, contando coa selección española xuvenil (Jonahatan Ould e Adrián Ponce) que acadaron a victoria do torneo, impoñéndose a Escola de Petanca Valenciana que logrou o segundo posto. Destacar a participación do noso Club Petanca Lalín (Asier e Nicolas)
VerPetanca, mais que un xogo de maiores
Deixamos o enlace ó artigo publicado en El Correo o pasado día 21, aproveitando a visibilidade que moitos persoaxes públicos están a dar ó noso deporte, e cómo imos rompendo os falsos mitos e crenzas sobre a Petanca, e superando obstáculos que fan crecer este deporte, e o recoñecemento dos nosos deportistas. A petanca, mais que un xogo de maiores
VerNova web da Federación Cántabra de Petanca
A Federación Cántabra de Petanca estrea nova web corporativa, e dende a FGP dexexamoslles moita sorte neste novo proxecto, a animámosvos a todos a visitala, para estar informado e coñecer o traballo que con tanta ilusión e compromiso fan dende alí. Federación Cántabra de Petanca
VerIII Open San Froilán 2023
O pasado sábado 21 celebrouse no Parque da Milagrosa en Lugo, o III Open Internacional San Froilán, nunha xornada na que a pesar da climatoloxía, non veu alterada a súa magnífica organización e participación, cun total de 42 tripletas e 134 deportistas. No torneo principal a victoria foi para o Florida, (Fernando del Pino, Alexandre Rodríguez, Iago de Cos-Estrada), seguidos do Teis, (Roberto Veloso, Jose Jesús Lamigreire, Francisco Manuel Amorin), o Blanco y Negro, (Manuel Amorin, Valentin Vila, Fidel Castro), e o Pardavila,… Ver más
VerEspaña, Subcampeona de Europa Sub23 Masculino
No Campeonato de Europa Sub23 celebrado en Mónaco, España ven de proclamarse subcamepona de Europa co equipo formado por Raúl Tabera, Sergi Ruiz, Jesús Escacho e Manel Luque. Nunha final de dúas horas e media, España xogou a un grandísimo nivel, maís non foi suficiente para vencer a un merecido campeón como foi o equipo italiano. As retransmisións dos partidos da selección española, tanto das féminas coma do equipo masculino correu a cargo de Petanca Singular TV, que xunto cos comentaristas José Escalant, Esther Rodríguez e Paco Coll,… Ver más
Ver