Informació de Liga Xunta de Galicia - Masculina Sénior 1ª- PREFERENTE
Competició
Nom
Liga Xunta de Galicia - Masculina Sénior 1ª- PREFERENTE
Esport
Petanca
Temporada
Tempada 2021
Categoria
SÉNIOR 1ª
Gènere
Masculí
Data d'inici
27/03/2021 15:30
Data de fi
19/06/2021 18:00
Dies de joc
Dies de joc
Dissabte
Descripció
NORMASArtigo 1º.- A categoría.
Masculina Sénior 1ª, con licenzas de Sénior 1ª e Sub23. Nas seguintes divisións: División de Honra, Preferente, Primeira.
Artigo 2º.- A formación dos equipos. Os equipos estarán formados por dúas tripletas, con seis deportistas da categorías correspondentes e un técnico ou federativo como mínimo por equipo.
Artigo 3º.- As datas. Os días 27 de marzo, 10, 17 e 24 de abril, 1, 8, 15 e 22 de maio, 5, 6, 12, 19, 20 e 26 de xuño.
Artigo 4º.- O lugar. Nas pistas das Entidades (segundo o calendario)
Artigo 5º.- Os horarios. Os horarios serán os indicados no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 6º.- As licenzas. Será imprescindible ter a licenza da tempada.
Artigo 7º.- A uniformidade. A establecida no Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 8º.- O regulamento. O Regulamento Oficial para o Deporte da Petanca 2021 coa diferenzas indicadas no Regulamento dos Campionatos da FGP. Dentro do terreo de xogo queda terminantemente PROHIBIDO que os deportistas fumen, coman o tomen bebidas alcohólicas.
Artigo 9º.- O sistema de xogo. Liga (ida e volta) cun máximo de 6 equipos por división se a inscrición e maior dividirase en dous grupos en función da clasificación do 2019.
Grupo1 (1, 4, 5, 8 e 9) e Grupo2 (2, 3, 6, 7 e 10). A 2ª fase será liga (ida e volta), pero coa diferenza de que co equipo que ven do teu mesmo grupo sumarase o resultado obtido na 1ª fase. Clasifícanse os dous primeiros de cada grupo, para xogar os catro primeiros postos, os 3º clasificados xogarán os postos do 5º ao 6º e os 4º e 5º clasificados xogarán os postos do 7º ao 10º.
Artigo 10º.- Inscrición. A inscrición e a confirmación dos equipos realizarase ó correo-e: correo@fgpetanca.org. A data de inscrición remata o día 18 de marzo ás 23:59 h. A participación na Liga supón a aceptación e o cumprimento do Regulamento dos Campionatos da FGP.
Artigo 11º.- O sorteo. O Sorteo do calendario realizarase o día 20 de marzo ás 12:30 h. Por videoconferencia.
Artigo 12º.- Os árbitros. Os técnicos ou federativos do equipo locatario.
Artigo 13º.- Os premios. Recibirán premios os campións de todas as división cun trofeo a entidade e medallas ós deportistas.
Fitxers
Localització
Federación Galega de Petanca
Veure mapa